viernes, 21 de junio de 2024

Fin de curso e fin de etapa

 Hoxe foi o último día do curso 2023-2024. E para os nenos e nenas  de sexto non foi coma outro ano calquera. Para eles tamén chegou o momento de despedirse do cole no que estiveron dende pequeniñ@s e iniciar unha nova etapa no instituto. Tedes que afrontar este novo reto con gañas e con ilusión. Seguro que vos irá moi ben, pois sabemos que sodes capaces de lograr todo o que vos propoñades na vida.

Ainhoa, Dani, Alexia, Neri, Hugo, Manu, Joaquín, Ainara, Lucas, Adri e Andrea: Fostes un grupo marabilloso e nunca vos esqueceremos. Esperamos as vosas visitas e desexámosvos todo o mellor!

💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓



jueves, 20 de junio de 2024

Saída a CORAX FAUNA

 Aínda que o tempo non axudou moito, hoxe en Corax Fauna, no concello de Paderne, pasamos unha mañá inesquecible. Da man de Javi, o noso guía, puidemos ver todos os fantásticos animais que viven alí. Aprendemos moitas cousas interesantes e tamén nos concienciamos do importante que é coidar dos animais e da natureza en xeral.

💚💚💚💚
















viernes, 14 de junio de 2024

Remate das actividades do horto

 Hoxe demos por rematadas por este curso as actividades do horto escolar e o composteiro. Queremos agradecer a Ángel, de EuroEume , e tamén a Nerea, as horas que pasaron con nós. Aprendemos moitas cousas que non aparecen nos libros de texto, pero que tamén son moi importantes. O vindeiro ano os rapaces de sexto xa non estarán no cole, pero esta actividade seguirá co novo alumnado de quinto e sexto.

Grazas e feliz verán!!

💚💚💚