miércoles, 2 de febrero de 2022

Videoconferencia ECOALF

 Hoxe , dende Madrid  , falamos mediante  videoconferencia con Carolina Blázquez , responsable de innovación e sustentabilidade da empresa ECOALF . Explicounos o grave problema que supón a cantidade de plásticos e outros refugallos que hai nos nosos mares , e tamén o que están a facer dende a súa organización para resolver o problema. Animounos a que nós mesmos e mesmas fagamos o que nos sexa posible para que entre todos e todas fagamos do noso planeta un lugar mellor onde vivir.

Foi unha charla moi interesante e agradecémoslle que nos adicara unha hora do seu tempo . Grazas tamén á nosa orientadora Alba por organizarnos esta actividade tan bonita! 😊