martes, 31 de octubre de 2023

Samaín e Magosto

 Rematamos o mes de outubro celebrando o Samaín e tamén o Magosto . Así que hoxe disfrazámonos , comemos castañas e pasámolo bomba cos xogos que nos preparou Fer , o profe de Educación Física. Tamén houbo agasallos para todos/as  os/as  participantes na exposición de cabazas . En fin , unha xornada inesquecible!!

😀😀















viernes, 27 de octubre de 2023

Primeiros pasos do noso horto

 Aínda que o tempo non acompañou moito , hoxe empezamos a traballar no horto escolar . Coma sempre  baixo a sabia batuta de Ángel , de EuroEume , esta mañá fixemos varias cousas . Primeiro , retiramos o plantío vello dos bancais  , despois preparamos  semilleiros e mesmo tivemos tempo de plantar as primeiras leitugas !












lunes, 23 de octubre de 2023

Día das Bibliotecas na Casa da Cultura

 Para conmemorar o Día das Bibliotecas acudimos á Casa da Cultura , convidad@s por Maribel , a bibliotecaria da Capela . Alí agardábanos Raquel Queizás e o seu espectáculo " A maleta da avoa " . Pasamos unha hora moi divertida coas súas historias . Agardamos verte por aquí máis veces!

👋👋👋




jueves, 19 de octubre de 2023

Enraizadas

 A asociación EuroEume das Pontes organiza un ano máis o proxecto de educación social na escola " Enraizadas " . Na primeira sesión , fixemos con Nerea unha presentación de todos e todas as participantes . Tamén falamos de quen son os nosos referentes e de mulleres importantes do noso entorno , que nos poden aportar moito e que cada día poñen en valor o papel das mulleres no sector primario e no rural . En novembro , Nerea volverá á escola e seguiremos afondando nesta temática tan importante , así como no concepto de soberanía alimentaria .









martes, 17 de octubre de 2023

Plan Director : Protección da Natureza

 A nosa amiga Sara Rodríguez , axente da Garda Civil de Fene , falounos hoxe na segunda sesión do Plan Director sobre as cousas que podemos facer para protexer o noso entorno natural . Isto inclúe medidas para evitar incendios forestais , loitar contra a contaminación , protexer a flora e a fauna que nos rodea e tamén como debemos atender aos animais que viven con nós nas casas . Falounos da nova Lei de Benestar Animal que se aprobou recentemente e deunos outros valiosos consellos . Coma sempre , foi un pracer escoitala e aprendemos moitas cousas .

Moitas grazas Sara e ata a próxima !

👮👮



martes, 10 de octubre de 2023

Plan Director : Ciberseguridade

 Coma cada ano , a axente da Garda Civil Sara Rodríguez deunos uns consellos moi valiosos para usar as novas tecnoloxías con seguridade e evitar problemas que poden xurdir . Se actuamos con coidado podemos aproveitar todo o que nos ofrecen sen meternos en líos...

Grazas Sara e ata a semana que vén , xa que volverás para falarnos da protección da natureza , outro tema ben importante.