Hoxe 10 de novembro celebramos, por adiantado, o Día do Peón 2017. Como sempre lerase o manifesto, esta vez, a cargo de Xabi o noso ex-mestre de EF. Despois toca bailar e tirar a bailar os nosos novos peóns. Aquí queda unha mostra do que fixeron esta semana os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Tamén houbo outra sorpresa... hoxe de almorzo co leite unhas galletas coa forma dun peón.
.