Hoxe tivemos no colexio unha charla moi interesante sobre o uso das redes sociais e internet.
A axente da Garda Civil Sara Rodríguez deunos uns bos consellos para usar as redes sociais, os videoxogos, etc. con responsabilidade, evitando os perigos que pode haber e aproveitando todo o positivo que nos poden aportar.