jueves, 22 de octubre de 2020

" ESTRAFALARIA "

 Hoxe , xoves 22 de outubro , os rapaces e rapazas de terceiro , cuarto , quinto e sexto de primaria  asistimos ao espectáculo " Estrafalaria " ,  a cargo de Atenea García . Foi unha actividade organizada pola Biblioteca da Capela .

Pasámolo moi ben , pois escoitamos historias divertidas e Atenea tamén nos falou de mulleres tan interesantes coma Rosalía de Castro , Gloria Fuertes , Frida Kahlo ou Violeta Parra .