viernes, 22 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas . Como este ano cadra en domingo , decidimos adiantalo a este venres 22 .

A verdade é que o festexamos por todo o alto . Primeiro fomos á Casa da Cultura a ver unha actuación do noso amigo o Mago Paco . Estivo xenial , coma sempre!

Despois , de volta no cole , os nenos e nenas de sexto contamos varios contos aos nosos compis do cole , que se cansaron de rir e de aplaudir . O esforzo de tanto ensaio e tanta preparación valeu a pena...

Tamén nos tocou dicir os nomes dos e das finalistas do concurso de slogans de lectura . Por certo , noraboa a Lara e a Sara! 😉 

Cusco , como non podía ser menos , tamén nos fixo un regaliño en forma de galleta...😋