Hoxe visitounos Nicolás Taracido , un apicultor e divulgador de Pontevedra , que nos ensinou un montón de cousas moi interesantes sobre o mundo das abellas . Aprendemos como viven , como traballan , a grande variedade de produtos que nos ofrecen e , sobre todo , a súa importancia para que a vida siga existindo no noso planeta .
Tamén probamos o mel tan rico que nos dan e mesmo fixemos unha bonita candea coa cera das abellas .
Grazas Nico!