Hoxe foi a última vez por este curso que fomos á Casa da Cultura para asistir a unha actuación de maxia . Tratábase de Leo Leíño e o seu espectáculo " Pola igualdade dende a maxia " . Coma sempre , estivo insuperable . Grazas a Maribel por convidarnos a esta e a outras moitas actividades xeniais ao longo do curso!
Xa de volta no cole , os rapaces e rapazas de sexto entregamos os premios aos gañadores/as do concurso de Lettering que nós mesmos e mesmas organizamos . Como todo o cole participou e o fixo moi ben , ao final houbo premios para todos e todas!