viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín e Magosto

 Coma cada outono celebramos na escola o Samaín . A maioría viñemos disfrazad@s , practicamos varios xogos tradicionais e recollemos premios polas cabazas que tan xenialmente decoramos nas nosas casas a última semana . Despois , no comedor , tamén comemos castañas e levamos algunhas para a casa . Para rematar un día tan especial , visitáronnos  nenos e nenas de sexto do ano pasado . A verdade é que estivo xenial!











martes, 25 de octubre de 2022

Plan Director : violencia de xénero

 Hoxe tivemos a segunda sesión do Plan Director deste curso . Nesta ocasión a axente da Garda Civil Sara Rodríguez falounos dun tema que , por desgraza , adoita aparecer nos medios de comunicación : a violencia de xénero . Deunos uns consellos moi valiosos para que , entre todos e todas , poidamos atallar este grave problema  e que , dunha vez por todas , deixe de existir .

Moitas grazas Sara e ata o ano que vén!






domingo, 23 de octubre de 2022

Maxia na Casa da Cultura

 O venres 21 asistimos na Casa da Cultura , convidad@s pola Biblioteca Municipal , a unha actuación do mago David Méndez , que nos presentou o seu espectáculo " Maxia de aquí e de acolá " . A verdade é que con cada ilusión que fixo deixounos coa boca aberta . 

Grazas Maribel por traernos unha actuación tan máxica!











martes, 18 de octubre de 2022

Plan Director

 Hoxe recibimos a visita , como cada ano , da axente da Garda Civil Sara Rodríguez , que nos falou de ciberseguridade . Como todos os días usamos internet para estudar e tamén para divertirnos temos que ser precavidos e precavidas para evitar os perigos cos que nos podemos atopar .

A semana que vén Sara vai volver e falaranos doutro tema moi importante : a violencia de xénero nas redes sociais .






martes, 4 de octubre de 2022

" Enraizadas " O remate

 Coa axuda de Paola  rematamos o obradoiro " Enraizadas " que comezamos a semana pasada . Na xornada de hoxe puxemos en común o resultado das entrevistas que fixemos e despois amosamos as nosas dotes de artistas , cunhas creacións moi orixinais que homenaxean a algunhas das mulleres máis importantes da nosa vida . Gustounos moito e esperamos seguir facendo actividades tan divertidas e enriquecedoras .

Grazas Paola e Andrea !