lunes, 5 de mayo de 2025

COMPOSTEIRO 30-04-2025

 Visita de Ángel para ver como vai todo.

Como entre saídas e festivos non tiñamos venres, pediunos vir un mércores.

Nós con tal de poder saír, tanto nos da. Je, je, je...

Comezamos facendo unha limpeza a fondo dos bancais que xa había moita "mala herba".

Logo remeximos con ganas o compós dos composteiros (temos xa dous listos) e puxemos a andar un terceiro. Como cheiraba!!

A verdade que xa papamos algunha leituga prantada por nós no comedor e en nada teremos máis produtos dispoñibles (cebolas, allos, tomates, calabacíns...)

Mirade que boa pinta comeza a ter todo!!