O día 12 de Maio celebramos o día do Libro e acompañounos Paula Caballeira.
É unha rapaza de Maniños (Fene) que escribe libros infantís, teatro, poesía... I é moi simpática (de feito ten feito monólogos).
Pasámolo de rechupete e ata nos contou algunha historia de medo e invitounos a visitar un bosque ao carón da súa casa onde ocorren cousas extrañas...
Logo visualizou o vídeo da curtametraxe que fixemos dun conto inventado por nós no que salen todos os personaxes dos libros que limos dela. Encantoulle!
E por último agasallámola con diferentes cousas: Un chaveiro coma o que levamos polas letras galegas, unha taza do cole, un ramo de flores...
Que ben o pasamos!!
Grazas por vir, Paula!!