Leváronnos a facer un percorrido virtual nunha sala enorme onde aprendimos como foi o comezo do noso planeta, como foi o comezo da vida nel, vimos a primeira vexetación e os primeiros seres vivos e acabamos vendo como foi evolucionando todo ata os dinosauros e incluso como foi o do meteorito e como se extinguiron.
Todo isto cunha gafas de realidade virtual e un chaleque que vibraba cos acontecementos.
Ao comezo daba un pouco de medo porque víanse cousas que non había e daba moita impresión pero co tempo collímoslle gusto e logo xa non queriamos que rematara.
Pasámolo xenial!!
Como todo o que se vía dentro da sala era virtual non sacamos fotos, así que as poucas que temos do ciclo son estas: