viernes, 1 de diciembre de 2023

" Enraizadas " : entrevista a Manola

 Por fin chegou o día! Hoxe tivemos no cole á nosa referente Manola , presidenta durante moitos anos de CampoCapela , gandeira , mestra , nai , amiga ... Foi un pracer falar con ela , contestounos todas as nosas preguntas e ensinounos moitas cousas . É desa clase da persoas das que sempre tes moito que aprender . Grazas Manola pola túa visita e grazas Nerea por prepararnos este traballo tan bonito e enriquecedor!

💚💚






viernes, 24 de noviembre de 2023

"A Igualdade en Cores"

 Outro venres de acción ... Primeiro traballamos duro no noso horto escolar , preparando novos semilleiros e dándolle unha volta ao  composteiro . Despois , coa axuda das nosas novas amigas Naza e Vero xogamos ao Pasapalabra da Igualdade e tamén fixemos unhas grullas moi chulis de papel . Por riba , o Concello , promotor desta actividade " A igualdade en cores " deunos uns bonitos e útiles  agasallos . Grazas a tod@s !









jueves, 23 de noviembre de 2023

Teatro e Enraizadas

 Con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero hoxe tivemos no cole unha obra de teatro moi divertida  titulada " Travesía Unicornio " . Rimos moito e tamén nos quedou claro que as mulleres tamén poden ser xenias ... Grazas ao Concello por traernos a estes artistas tan xeniais!

Despois , con Nerea , de EuroEume , seguimos traballando no noso proxecto sobre mulleres referentes da nosa contorna . Xa pensamos as preguntas que lle poderemos facer a Manola , gandeira e presidenta de CampoCapela durante 16 anos , cando nos visite a semana que vén .







viernes, 10 de noviembre de 2023

Día do peón

 "Polo san Martiño peóns ao camiño " . Coma cada ano celebramos no cole o Día do Peón . Como os nenos e nenas de quinto e sexto somos persoas moi ocupadas , antes de ir a xogar tamén tivemos tempo de seguir traballando un pouco no noso composteiro e no horto escolar . Hoxe fixemos uns microcomposteiros moi chulos e tamén revisamos os semilleiros .

Despois do recreo xa foi o tempo de celebración . Lemos o Manifesto , bailamos ao ritmo do clásico "Fago o camiño" e , sobre todo , desfrutamos dos xogos tradicionais e , en especial , do peón , que para iso é o seu día . Os nenos e nenas de quinto fixemos de monitores e a verdade é que o pasamos moi ben!

💗💗💗

















miércoles, 8 de noviembre de 2023

Vaia ritmos!

 Hoxe desprazámonos ata Ferrol para asistir na Afundación Abanca ao espectáculo " Vaia ritmos ! " , a cargo de Odaiko Percussion Group . Foi unha mistura de humor , improvisación , sorpresa e interacción que nos fixo pasar unha mañá moi divertida!

👋👋👋👋





martes, 31 de octubre de 2023

Samaín e Magosto

 Rematamos o mes de outubro celebrando o Samaín e tamén o Magosto . Así que hoxe disfrazámonos , comemos castañas e pasámolo bomba cos xogos que nos preparou Fer , o profe de Educación Física. Tamén houbo agasallos para todos/as  os/as  participantes na exposición de cabazas . En fin , unha xornada inesquecible!!

😀😀















viernes, 27 de octubre de 2023

Primeiros pasos do noso horto

 Aínda que o tempo non acompañou moito , hoxe empezamos a traballar no horto escolar . Coma sempre  baixo a sabia batuta de Ángel , de EuroEume , esta mañá fixemos varias cousas . Primeiro , retiramos o plantío vello dos bancais  , despois preparamos  semilleiros e mesmo tivemos tempo de plantar as primeiras leitugas !