lunes, 27 de noviembre de 2023
viernes, 24 de noviembre de 2023
"A Igualdade en Cores"
Outro venres de acción ... Primeiro traballamos duro no noso horto escolar , preparando novos semilleiros e dándolle unha volta ao composteiro . Despois , coa axuda das nosas novas amigas Naza e Vero xogamos ao Pasapalabra da Igualdade e tamén fixemos unhas grullas moi chulis de papel . Por riba , o Concello , promotor desta actividade " A igualdade en cores " deunos uns bonitos e útiles agasallos . Grazas a tod@s !
jueves, 23 de noviembre de 2023
Teatro e Enraizadas
Con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero hoxe tivemos no cole unha obra de teatro moi divertida titulada " Travesía Unicornio " . Rimos moito e tamén nos quedou claro que as mulleres tamén poden ser xenias ... Grazas ao Concello por traernos a estes artistas tan xeniais!
Despois , con Nerea , de EuroEume , seguimos traballando no noso proxecto sobre mulleres referentes da nosa contorna . Xa pensamos as preguntas que lle poderemos facer a Manola , gandeira e presidenta de CampoCapela durante 16 anos , cando nos visite a semana que vén .
viernes, 10 de noviembre de 2023
Día do peón
"Polo san Martiño peóns ao camiño " . Coma cada ano celebramos no cole o Día do Peón . Como os nenos e nenas de quinto e sexto somos persoas moi ocupadas , antes de ir a xogar tamén tivemos tempo de seguir traballando un pouco no noso composteiro e no horto escolar . Hoxe fixemos uns microcomposteiros moi chulos e tamén revisamos os semilleiros .
Despois do recreo xa foi o tempo de celebración . Lemos o Manifesto , bailamos ao ritmo do clásico "Fago o camiño" e , sobre todo , desfrutamos dos xogos tradicionais e , en especial , do peón , que para iso é o seu día . Os nenos e nenas de quinto fixemos de monitores e a verdade é que o pasamos moi ben!
💗💗💗
miércoles, 8 de noviembre de 2023
Vaia ritmos!
Hoxe desprazámonos ata Ferrol para asistir na Afundación Abanca ao espectáculo " Vaia ritmos ! " , a cargo de Odaiko Percussion Group . Foi unha mistura de humor , improvisación , sorpresa e interacción que nos fixo pasar unha mañá moi divertida!
👋👋👋👋