viernes, 31 de mayo de 2024

Día Mundial do Medio Ambiente

 Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, achegámonos ata o río Sesín. Coa axuda dos nosos amigos Ángel e Nerea, de EuroEume, analizamos a calidade da auga e estudamos a flora e a fauna deste ecosistema tan importante para nós. Debemos seguir facendo todo o posible para manter en bo estado de conservación o noso patrimonio natural e paisaxístico.

💚💚💚














martes, 28 de mayo de 2024

Emocións con Trémola Teatro

Da man da nosa nova amiga Marián , de Trémola Teatro , hoxe estivemos traballando as emocións . Primeiro visionamos unha curtametraxe que trataba do acoso escolar e despois convertémonos en actores e actrices representando varias situacións relacionadas con este tema . Foi moi instructivo e divertido!

👏👏👏 









martes, 21 de mayo de 2024

" Inspiring girls "

 Laura Rodríguez Herrera , directora de Hércules de Ediciones de A Coruña achegouse ata o cole para falarnos do seu traballo e de todo o proceso de edición dos libros. Foi unha charla moi interesante e decatámonos de cantos e cantas profesionais fan falta para sacar ao mercado calquera publicación . Tamén falamos nos nosos desexos para o futuro e a que queremos adicarnos . Aínda temos tempo por diante , pero non está mal ir pensando ...

👏👏👏





viernes, 10 de mayo de 2024

Letras Galegas con Trémola Teatro

Co gallo da celebración das Letras Galegas , hoxe tivemos no cole a  actuación de " Trémola Teatro " . Contounos dunha forma divertidísima moitas cousas sobre a autora homenaxeada este ano : Luísa Villalta . Foi unha muller moi interesante e que fixo unha chea de cousas , a pesar que a súa vida non foi moi longa . Foi mestra , unha virtuosa do violín , escritora , poeta , articulista ... En fin , un exemplo para todos e todas do que podemos facer con esforzo e interese . 
Grazas a Cusco e ao equipo de biblioteca por traernos un espectáculo tan marabilloso!!

👏👏👏👏