Hoxe foi o último día do curso 2023-2024. E para os nenos e nenas de sexto non foi coma outro ano calquera. Para eles tamén chegou o momento de despedirse do cole no que estiveron dende pequeniñ@s e iniciar unha nova etapa no instituto. Tedes que afrontar este novo reto con gañas e con ilusión. Seguro que vos irá moi ben, pois sabemos que sodes capaces de lograr todo o que vos propoñades na vida.
Ainhoa, Dani, Alexia, Neri, Hugo, Manu, Joaquín, Ainara, Lucas, Adri e Andrea: Fostes un grupo marabilloso e nunca vos esqueceremos. Esperamos as vosas visitas e desexámosvos todo o mellor!
💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓