martes, 28 de enero de 2025

ENRAIZADAS 2 (29-11-2024)

 Nesta segunda sesión visitounos unha socióloga moi simpática chamada Antía (Antía Pérez Caramés).

É unha socióloga e investigadora que traballa na Universidade da Coruña e que nos fixo reflexionar e aprender un montón sobre "o coidado" en xeral e sobre todo o coidado dos maiores e no rural.

Unha charla e conversa moi interesantes na que puidemos participar todos e todas e descubrir moito sobre estes conceptos e situacións que, ás veces, temos normalizadas e que igual non están de todo ben (traballos por xéneros, coidados por xéneros, etc...).

Unha primeira experiencia moooooooi interesante e amena.

Grazas rapazas!!