Unha nova visita de Ángel!!
Como facía moitísimo frío optou por explicarnos 1º en clase diferenzas e vantaxes e desvantaxes da "Agricultura Industrial" e a "Agricultura Agroecolóxica".
Fervíanos o cu por ir para fóra pero a verdade é que foi unha charla moi interesante na que aprendimos, por exemplo, por que hai diferenzas de prezos nos mesmos produtos, quen ou quenes se lucran e enriquecen realmente co traballo e comercio dos produtos agrícolas e como un tipo de agricultura contamina e estropea o solo mentres que outro é moito máis ecolóxico e sostible.
Produto de cercanía sempre mellor.
O dito, moi interesante.
Iso si, en canto puidemos, baixamos coma tolos.
Revisamos o composteiro e os bancais, remeximos o compós (menudo cheiro!!), apilamos ramas e follas para continuar... non nos faltou traballo!
En 15 días a ver se comezamos cos semilleiros dos produtos de primavera...
Ai, estivémosche ben entretidos!!