O xoves 27 de febreiro 6º e o 12 de marzo 5º, levamos a cabo unha experiencia da pedagoxía Reggio Emilia da que nos falou a compañeira Noemí de Infantil, que estivo de ERASMUS+ en Italia uns días.
A pedagoxía Reggio Emilia é un enfoque educativo que se orixinou na cidade italiana de Reggio Emilia despois da Segunda Guerra Mundial. Este enfoque baséase na crenza de que os nenos e nenas son capaces de construir o seu propio coñecemento a través de experiencias significativas e a interacción co entorno e os demáis.
Partindo disto, fixemos unha actividade na que se lles da ao alumnado caixas e outros materiais (ferramentas, pegamento, cinta de carrocero, tesoiras, cúters, serras pequenas...) para que descubran, experimenten, proben, constrúan, imaxinen... sen norma ningunha agás non facerse dano nin a eles nin a outr@s.
Pasárono pipa e velaquí as fotos.