miércoles, 2 de abril de 2025

SAÍDA A FERROL: BANDA DO TERZO NORTE E MUSEO DE HISTORIA NATURAL (20-03-25)



 O xoves 20 fomos todo o cole de "parranda" a Ferrol.

Primeiro fomos ver un concerto didáctico da "Banda do Terzo Norte", onde nos ensinaron as diferentes familias de instrumentos da banda: vento madeira, vento metal e percusión.

Foi super ameno e ata tocaron pezas como "A bela e a besta", "Bob Esponxa", "os Picapedra"...

E ata deixaron a Noé dirixir un rato!!

Que pasada!!

Logo visitamos o Museo de Historia Natural. É totalmente gratuíto e convidáronos a voltar coa familia cando queiramos.

Vimos esqueletes de mamíferos e réptiles, aprendimos a como saber a idade dunha árbore polos seus aneis no tronco, había unha lura xigante, baleas e quenllas, tartarugas, insectos... (ata algúns que chupaban o sangue) 

Vaia, curiosidades sobre animais e plantas de todo tipo.

Estivo moi ben e a monitora contounos un montón de anécdotas e detalles de onde apareceron e en que condicións todos eses esqueletes e restos.

Pasóusenos a mañá voando!!



Concerto da Banda do Terzo Norte:

















No museo de Historia Natural: