viernes, 20 de junio de 2025

FIN DE CURSO

 Alá foi!!

Sí, sí. Alá foi!!

6º para o instituto... e 5º a pasar a ser os maiores do cole...

Parece mentira.

Pero non podiamos irnos sen celebralo por todo o alto.

1º Gemola. Unha rapaza que está algo tola. Fíxonos bailar a tod@s!! 

Logo almorzo no comedor con leite, cacao e galletas... Nin tan mal!

E logo hinchables, xogos, tatuaxes e de remate... FESTA DA ESPUMA!!

Que máis podemos pedir? 

O único... Descanso!!

Ah, e unha boa comilona para repoñer forzas. 

Pero bueno, para iso tamén temos todo o verán.

 Fixádevos nos que se van, ao final de todo, que felices estaban... 


Disfrutade coma eles, rapaces e rapazas, descansade, xogade e sobre todo, ride moito...

FELIZ VERÁN A TODOS E A TODAS!!

FELICES VACACIÓNS!! 


 




 
















COMPOSTEIRO 19-06-2025 E FIN

 E chegamos ao final tamén co horto e o composteiro!!

 Non foi a mellor das colleitas pero alo menos levamos algo...

E que, ou o levabamos agora ou seguiamos esperando e quedaba todo para o verán.

Despois de tanto traballo, que menos que apañar algunha cousa!!

Temos que darlle as grazas de novo a Ángel por ter tanta paciencia, por darnos tantos consellos para que todo saíse adiante e por tanta sabiduría impartida...

Quedan 3 composteiros cheos de bo compós para o curso que ven e 3 bancais aínda con algunha cousa (tomates e cabaciñas) preparados para novas plantacións.

Deica o curso que ven, hortiño!!