viernes, 13 de junio de 2025

Día do Medio Ambiente 05/06/2025

O xoves 5 celebramos o Día do Medio Ambiente.

Contamos coa visita de membros do distrito forestal de Ferrol e entre eles, Martín, o pai da nosa compañeira Inés.

A través dun novo conto dos Bolechas ensináronnos en que consiste o seu traballo, o das persoas que traballan con eles controlando cámaras e vixiando en salas informatizadas e tamén as ferramentas e vehículos que utilizan, xunto cos perigos do lume nos bosques.

Aprendimos un montón e foron moi amenos nas súas explicacións.

Por riba, regaláronnos ese libriño dos Bolechas con actividades e ata unha gorra!!

Logo, e aínda que o tempo non nos acompañou, ensináronnos en directo as motobombas e as pickups que teñen.

Por último e para rematar, prantáronnos no cole unha faia e un carballo. Podemos pedir máis?

Pois sí, que volvan cando queiran, para seguir conseguindo, como din eles:

Que as árbores sempre formen parte das nosas vidas!!