jueves, 12 de junio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (16-05-25)

 Celebramos o Día das Letras Galegas!!

O noso día!!

Este ano homenaxeouse á tradición oral, ás cantareiras, xa que as súas cantigas foron pasando de avós e avoas a pais e nais e fillas e fillos, contribuíndo a manter viva a nosa fala e a nosa cultura.

Aproveitamos que temos un grupo de cantareiras e cantareiros fabuloso no cole para que nos fixeran unha mostra de todo iso.

Vaia xeito de cantar, bailar e tocar a pandeireta!!

Temos que dar as grazas a Jose e Bea de Airiños da Capela, a Carlos, o mestre de canto, pandeireta e baile e ao mestre de música do noso cole que logo nos amenizaron cunhas pezas tradicionais de gaita.

Ata bailamos e todo!!

Tanto nos gustou un dos cantos do noso grupo, que decidiuse facer un chaveiro cunha pandeireta de lembranza coa impresora 3D do cole e cun código QR coa peza en cuesión cantada polas nosas nenas e nenos.

Menudo día do noso!!