viernes, 22 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas . Como este ano cadra en domingo , decidimos adiantalo a este venres 22 .

A verdade é que o festexamos por todo o alto . Primeiro fomos á Casa da Cultura a ver unha actuación do noso amigo o Mago Paco . Estivo xenial , coma sempre!

Despois , de volta no cole , os nenos e nenas de sexto contamos varios contos aos nosos compis do cole , que se cansaron de rir e de aplaudir . O esforzo de tanto ensaio e tanta preparación valeu a pena...

Tamén nos tocou dicir os nomes dos e das finalistas do concurso de slogans de lectura . Por certo , noraboa a Lara e a Sara! 😉 

Cusco , como non podía ser menos , tamén nos fixo un regaliño en forma de galleta...😋
















martes, 19 de octubre de 2021

Plan Director da Garda Civil

 Os rapaces e rapazas de quinto e sexto recibimos hoxe a visita da axente da Garda Civil  Sara Rodríguez , que nos falou do uso responsable de internet e as redes sociais . Deunos unha serie de consellos que nos poden evitar moitos problemas cando navegamos pola rede e tamén nos resolveu algunhas dúbidas .

Grazas , Sara!





jueves, 14 de octubre de 2021

A carteira de Augasclaras

 Convidad@s pola Biblioteca Municipal , hoxe asistimos na Casa da Cultura a unha sesión de contacontos . Nesta ocasión tivemos a sorte de contar cunha das máis grandes do noso país , Carmen Domenech , que nos trouxo unhas cartas moi especiais e cheas de historias inesquecibles .