viernes, 25 de marzo de 2022

Visita ao Museo Etnográfico e roteiro polo Sesín

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto tivemos a sorte de pasar toda a mañá con Secundino , o eterno mestre e director do noso colexio . Primeiro visitamos o Museo Etnográfico , onde vimos como vivían os nosos avós , bisavós ... É importante coñecer de onde vimos para saber hacia onde imos .

Despois fixemos un roteiro polo río Sesín . Como estamos en bastante boa forma física , non nos cansamos demasiado... 😏

Esperamos repetir axiña!

Grazas Secun!!!!


















viernes, 11 de marzo de 2022

Abellas na escola

 Hoxe visitounos Nicolás Taracido , un apicultor e divulgador de Pontevedra , que nos ensinou un montón de cousas moi interesantes sobre o mundo das abellas . Aprendemos como viven , como traballan , a grande variedade de produtos que nos ofrecen e , sobre todo , a súa importancia para que a vida siga existindo no noso planeta . 

Tamén probamos o mel tan rico que nos dan e mesmo fixemos unha bonita candea coa cera das abellas .

Grazas Nico!