Este xoves recibimos a visita de dous amigos de CA.SA.GA ( Asociación de Cans de Salvamento de Galicia ) . Primeiro faláronnos dos coidados que debemos ter cos nosos cans , como temos que educalos e asumir a responsabilidade que iso implica.
Despois , no pavillón , tres dos seus cans ( incluída unha campioa do mundo ) fixeron varias demostracións de como traballan buscando persoas desaparecidas . A súa labor é fundamental en situacións de emerxencia : accidentes , derrubamentos , desastres naturais...
Foi unha lección moi interesante e divertida!
👏👏👏