viernes, 27 de mayo de 2022

" A Capela suma! " e despedida de Priya

 Hoxe tivemos a primeira sesión do obradoiro de fotografía empoderada . Tod@s viñemos vestid@s de mulleres importantes da nosa vida ou de personalidades coñecidas . Esta actividade enmárcase dentro do Pacto Contra a Violencia de Xénero e está patrocinada polo Concello da Capela.

E falando de mulleres empoderadas , hoxe tamén foi o último día de Priya , a auxiliar de conversa , no noso cole. Agradecémoslle todo o que compartiu con nós durante estes meses e desexámoslle o mellor na súa vida . 

Ata sempre , Priya! 💓💓

























viernes, 13 de mayo de 2022

Letras Galegas 2022

 Contos , baile , música... A verdade é que este ano non faltou de nada para celebrar o Día das Letras Galegas .

 Primeiro , convidad@s pola Biblioteca Municipal , asistimos na Casa da Cultura a unha sesión de contacontos . Nesta ocasión , tratábase da divertidísima Marisa Irimia , que nos presentou o seu espectáculo " Centaconos contapés " . Insuperable!

Despois , de volta na escola , por fin chegou a hora de amosar o froito de tanto ensaio... Bailamos a Muiñeira de Chantada mellor ca nunca !  Marlene e Isa , o esforzo mereceu a pena ! 😉

Tamén tivemos a sorte de que nos acompañaran os nosos amigos da Escola de Música da Capela . Ademais de darnos unha lección maxistral , tivemos ocasión de ver en acción a varios  compañeir@s do cole alumn@s da escola . Noraboa Celia , Xandre , Carol , Adri e Xan , facédelo xenial!

















jueves, 12 de mayo de 2022

Polo Correo do Vento

 Tres grandes artistas que integran a formación " Polo Correo do Vento " presentáronnos o seu fantástico espectáculo , que mistura contacontos , cancións e un obradoiro de debuxo .

 Unha forma diferente e moi orixinal de achegarnos á vida e á obra de Florencio Delgado Gurriarán , autor ao que se lle adica  este ano o Día das Letras Galegas .











miércoles, 4 de mayo de 2022

Prevención de incendios e visita á Central do Eume

 Este mércores estivo cheo de sorpresas. Primeiro , no cole , unha nova amiga , Luz , do FEUGA ( Fundación Empresa - Universidade Galega ) explicounos como podemos previr os incendios e coidar os nosos bosques . Despois , desprazámonos ata a Central Hidroeléctrica do Eume . Alí agardaba por nós o alcalde da Capela , Manolo , que nos ensinou as instalacións e nos explicou como funciona todo para que teñamos electricidade nas nosas casas . Que faríamos sen ela...!

Despois , fixemos un pequeno roteiro e achegámonos á antiga central , onde collemos folgos e merendamos .

Por último , de novo na Central do Eume , fixemos con Luz un xogo de pistas . E fixémolo tan ben que tod@s recibimos unha medalla , porque sabemos como coidar os nosos bosques!!

Grazas a Manolo por ensinarnos todo (e tamén por pagar a factura do autobús... 😉) , a Luz por ser tan simpática e  a Secundino , que tamén nos acompañou nesta xornada tan especial .