Este mércores estivo cheo de sorpresas. Primeiro , no cole , unha nova amiga , Luz , do FEUGA ( Fundación Empresa - Universidade Galega ) explicounos como podemos previr os incendios e coidar os nosos bosques . Despois , desprazámonos ata a Central Hidroeléctrica do Eume . Alí agardaba por nós o alcalde da Capela , Manolo , que nos ensinou as instalacións e nos explicou como funciona todo para que teñamos electricidade nas nosas casas . Que faríamos sen ela...!
Despois , fixemos un pequeno roteiro e achegámonos á antiga central , onde collemos folgos e merendamos .
Por último , de novo na Central do Eume , fixemos con Luz un xogo de pistas . E fixémolo tan ben que tod@s recibimos unha medalla , porque sabemos como coidar os nosos bosques!!
Grazas a Manolo por ensinarnos todo (e tamén por pagar a factura do autobús... 😉) , a Luz por ser tan simpática e a Secundino , que tamén nos acompañou nesta xornada tan especial .