Contos , baile , música... A verdade é que este ano non faltou de nada para celebrar o Día das Letras Galegas .
Primeiro , convidad@s pola Biblioteca Municipal , asistimos na Casa da Cultura a unha sesión de contacontos . Nesta ocasión , tratábase da divertidísima Marisa Irimia , que nos presentou o seu espectáculo " Centaconos contapés " . Insuperable!
Despois , de volta na escola , por fin chegou a hora de amosar o froito de tanto ensaio... Bailamos a Muiñeira de Chantada mellor ca nunca ! Marlene e Isa , o esforzo mereceu a pena ! 😉
Tamén tivemos a sorte de que nos acompañaran os nosos amigos da Escola de Música da Capela . Ademais de darnos unha lección maxistral , tivemos ocasión de ver en acción a varios compañeir@s do cole alumn@s da escola . Noraboa Celia , Xandre , Carol , Adri e Xan , facédelo xenial!