miércoles, 22 de junio de 2022

Fin de curso e despedida de sexto

 O curso 2021-2022 chegou ao seu remate . Como cada ano , a nosa querida ANPA agasallounos cunha festa chea de sorpresas e diversións .

Para os rapaces e rapazas de sexto xa foi o seu último día como alumnos e alumnas do cole . Que rápido pasa o tempo !  Parece que foi onte cando empezastes con tres aniños e agora xa sodes uns mozos e mozas de secundaria... Esperamos que non nos esquezades , porque nós a vós dende logo que non . Sempre fostes un deses grupos que se fan querer e  que logran que o traballo dos profes sexa un verdadeiro pracer . Seguro que vos vai ir moi ben no insti e , aínda que xa non sexamos os vosos profes , sempre seremos @s vos@s amig@s!

Moita sorte e moitos bicos!  😍😍




















martes, 21 de junio de 2022

Contos con Érica González

 A editorial Santillana fíxonos hoxe un bo agasallo para rematar este curso: unha " camareira " moi especial , Érica González , presentounos un menú bastante  particular , composto por uns contos moi orixinais e divertidos . Con eles tamén aprendemos que para poder facer realidade os nosos soños nunca debemos rendernos nin mirar atrás!  









viernes, 17 de junio de 2022

Excursión a EUMENATURA

 Levábamos tempo agardando por esta saída , pero a verdade é que a espera mereceu a pena . Que ben o pasamos! Javi e Diana tíñannos preparadas un montón de actividades superdivertidas . Estamos desexando volver!