O programa da Radio Galega " Convivir Deportivo " , conducido por Alfonso Pardo , gravouse hoxe no Museo Etnográfico da Capela . O tema a tratar eran os xogos tradicionais e alí déronse cita algúns dos maiores expertos desta materia do noso país : Alberto Casal , mestre de EF e antigo presidente de Brinquedia ; Xosé Manuel Barreiro , actual presidente ; Francisco Veiga , tesoureiro da AGXPT ; Manuela Vázquez , investigadora da Universidade da Coruña . Tamén nos acompañaron un vello coñecido do noso cole , o escritor e investigador Antón Cortizas e os eternos mestres Secundino e Xabier , que falaron , entre outras cousas , do proxecto Brinquedos e , en xeral , de todo o traballo feito ao longo de moitos anos para poñer en valor os xogos de sempre e , en definitiva , unha forma de entender a vida .
O alumnado de sexto fomos convidados a asistir e mesmo a participar na gravación do programa . Unha vez máis quedounos claro que xogar non é perder o tempo e ogallá nunca o esquezamos .
O programa " Convivir Deportivo " de hoxe emitirase na Radio Galega o sábado 17 de decembro de 13:00 a 14:00 horas , aínda que tamén poderedes escoitalo en calquera momento entrando na páxina web da Radio Galega .