Este martes visitamos a redacción do xornal Diario de Ferrol , na rúa Dolores desa cidade . Alí , o director e as demais xornalistas explicáronnos como se escribe o xornal e mesmo nos fixeron protagonistas dunha portada!
Despois de merendar , achegámonos ao Museo do Humor de Fene , onde Almudena nos ensinou e explicou todas as exposicións que teñen . Estivo moi divertido e agardamos volver axiña!