O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente . Para conmemorar esta data , o alumnado de 3º , 4º , 5º e 6º de primaria fixemos , coa axuda de Ángel e Nerea , da asociación EuroEume , un roteiro polo río Sesín . Comprobamos o bo estado das súas augas e analizamos toda a fauna e flora que posúe . Foi outro día para decatarnos da sorte que temos de vivir nun lugar con tanta riqueza natural e paisaxística . Temos que facer todo o que poidamos para conservar estes tesouros tan valiosos!
💚💚