Por fin chegou o último día de cole deste curso . A verdade é que xa merecemos unhas boas vacacións...
Para despedirnos ata setembro tivemos primeiro a impresionante actuación do Mago Dani , que nos deixou coa boca aberta cos seus trucos !
Despois recibimos a visita de Xosé Manuel Ribeira , construtor de xoguetes de As Pontes , onde ten o seu Museo Obradoiro " O Comezo das Cousas " . Ensinounos algunhas das súas creacións e axudounos a facer o noso propio xoguete cunha simple culler de madeira . Grazas e ata a próxima !
As sorpresas non remataron aí , pois cando estabamos comendo recibimos a visita sorpresa dos rapaces e rapazas de sexto do ano pasado . E é que coma cada ano por estas datas toca despedir aos nenos e nenas de sexto , que deixan o cole para emprender unha nova etapa no instituto .
Sergio , Sara , Aaron , Icía , Adrián , Carla , Simón , Xan e Zeus : Desexámosvos moita sorte , que sexades moi felices e esperamos que veñades a visitarnos e non nos esquezades , porque nós a vós dende logo que non !
💓💓💓