martes, 28 de enero de 2025

ENRAIZADAS 2 (29-11-2024)

 Nesta segunda sesión visitounos unha socióloga moi simpática chamada Antía (Antía Pérez Caramés).

É unha socióloga e investigadora que traballa na Universidade da Coruña e que nos fixo reflexionar e aprender un montón sobre "o coidado" en xeral e sobre todo o coidado dos maiores e no rural.

Unha charla e conversa moi interesantes na que puidemos participar todos e todas e descubrir moito sobre estes conceptos e situacións que, ás veces, temos normalizadas e que igual non están de todo ben (traballos por xéneros, coidados por xéneros, etc...).

Unha primeira experiencia moooooooi interesante e amena.

Grazas rapazas!!










HORTO ESCOLAR 2 (27-11-2024)

 2ª sesión con Ángel... Como o botabamos de menos!!

Fixemos primeiro un planning e calculamos que queriamos plantar, xa que aprendimos que cada planta precisa dun espazo diferente nos bancais (unhas medran máis que outras) e que non podiamos poñer todo ao chou.

Sacamos compós do composteiro do ano pasado e botámolo xa nos bancais.

Logo prantamos nuns envases pequenos, que logo serán transplantados, cada un as sementes que quixo.

Con restos de comida e follas fixemos uns mini composteiros para ver como funcionan...

Ai, estivémosche ben ocupados!!


























25 N

 No día 25 de novembro, no Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, a nosa benquerida ANPA, tróuxonos unha rapaza contacontos coa que pasamos un rato fabuloso. Ademais de conseguir uns antifaces, aprendimos un montón sobre o trato ás mulleres cun conto de castelos, dragóns, princesas... 




























Graciñas!!