Menudo día dos namorados hoxe co horto escolar e o composteiro!! 💘💘💘💘💘💘💘💘
Moi romántico non foi!!
O único, que Ángel falounos da reproducción sexual e asexual das plantas e que tivera algo que ver por ese lado pero polo demais...
Centrouse sobre todo na asexual e aprendimos sobre enxertos (tipos, como se fan e cantas variedades hai...), acodos, estolóns...
E mirade que nos pasou: Ángel propúxonos 20 min de explicación e logo baixar e mirar o composteiro, transplantar cenorias que tiñamos, quitar as malas herbas e facer semilleiros de primavera. Un día radiante cando chegou.
Enrollouse e enrollámonos coma persianas e cando baixamos... (case 1 hora despois) ata nos choveu!!
O que si tivo que intervir foi no composteiro porque non o coidamos moi alá e enchéusenos de vermes da mosca. Tivemos que cubrir ben co que estabamos traballando, deixalo e comezar co outro.
A ver se o damos salvado!!
Iso, un día dos namorados un tanto raro.