lunes, 31 de marzo de 2025

ENRAIZADAS 3 (14-03-25)

Nesta 3ª sesión na que viñeron de novo as nosas compañeiras de "Enraizadas", lembramos e rematamos o traballo que comezaramos na sesión anterior: 

Un "FANZINE" !!

Esta é unha publicación independente e artesanal realizada por afecionados. A palabra fanzine provén do inglés fan (afecionado) e magazine (revista). Para quen non o soubera.

Por suposto, o tema do fanzine foi todo o falado e aprendido nas sesións anteriores. Mirade que cousa chula nos quedou!!







 








ACTIVIDADE DE CAIXAS REGGIO EMILIA

 O xoves 27 de febreiro 6º e o 12 de marzo 5º, levamos a cabo unha experiencia da pedagoxía Reggio Emilia da que nos falou a compañeira Noemí de Infantil, que estivo de ERASMUS+ en Italia uns días.

A pedagoxía Reggio Emilia é un enfoque educativo que se orixinou na cidade italiana de Reggio Emilia despois da Segunda Guerra Mundial. Este enfoque baséase na crenza de que os nenos e nenas son capaces de construir o seu propio coñecemento a través de experiencias significativas e a interacción co entorno e os demáis.

Partindo disto, fixemos unha actividade na que se lles da ao alumnado caixas e outros materiais (ferramentas, pegamento, cinta de carrocero, tesoiras, cúters, serras pequenas...) para que descubran, experimenten, proben, constrúan, imaxinen... sen norma ningunha agás non facerse dano nin a eles nin a outr@s. 

Pasárono pipa e velaquí as fotos.