A editorial Santillana quixo agasallarnos neste final de curso cunhas actividades de animación á lectura inspiradas nos libros que estivemos a ler nas últimas semanas. Foi moi divertido!
viernes, 18 de junio de 2021
viernes, 7 de mayo de 2021
Letras Galegas : Xela Arias
Achégase a data na que , coma cada ano , celebraremos o Día das Letras Galegas .Este ano está adicado a Xela Arias e os nenos e nenas de quinto de primaria do Colexio San Pío X , de Ourense , fixeron un vídeo sobre esta autora . Queren compartilo con todos vós . Premede na ligazón :
miércoles, 5 de mayo de 2021
Ti si que es un bo peixe !
Hoxe tivemos outro obradoiro moi interesante sobre o mundo dos peixes e os mariscos . Ensináronnos a grande variedade de especies que temos en Galicia e todo o que nos poden aportar na nosa dieta .
martes, 27 de abril de 2021
FAI CLIC AO TEU BOCATA!
Dentro das actividades do programa "Aliméntate ben" , hoxe tivemos o obradoiro "Fai clic ao teu bocata!" . Ademais de agasallarnos cuns deliciosos e saudables bocadillos , tamén aprendemos cousas moi interesantes sobre os peixes , os mariscos e a súa importancia na nosa dieta .
domingo, 25 de abril de 2021
Día do Libro 2021
O venres 23 celebramos o Día do Libro no noso cole e recibimos a visita de Pinto e Chinto . Nas últimas semanas estivemos a ler e mesmo a facer as nosas propias versións dalgúns dos seus contos .
lunes, 8 de marzo de 2021
viernes, 19 de febrero de 2021
Día de Rosalía
O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía e desde o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) queren compartir connosco un recurso que elaboraron para aproximarnos á vida da escritora.
Trátase dun Draw My Life narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria dese centro.viernes, 12 de febrero de 2021
domingo, 31 de enero de 2021
MONTAXE mBot
viernes, 15 de enero de 2021
Empezando ca robótica!
Este ano no cole estamos desenvolvendo un proxecto de robótica educativa . Hoxe os rapaces e as rapazas de quinto e sexto montamos os robots Mbot e probámolos . Todos funcionaban xenial!!!
Agradecemos a colaboración da nosa orientadora Alba e da profe de inglés Sandra .
miércoles, 23 de diciembre de 2020
Visita dos Reis Magos
A pesar das dificultades que estamos a atravesar este ano , os Reis Magos non quixeron deixar de visitarnos , como fan sempre por estas datas .


























































