miércoles, 29 de septiembre de 2021

Dámoslle volta ao conto!

 Hoxe pola mañá , na Casa da Cultura , Raquel Queizás fíxonos pasar unha hora moi divertida dándolle a volta a distintos contos tradicionais . Pasámolo moi ben e quedounos moi claro que as mulleres non queren que as salven de nada , senón que o que queren é decidir por si mesmas . Nós xa o sabiamos , pero nunca está de máis lembralo...

Grazas a Maribel , da Biblioteca Municipal , por traernos a persoas tan divertidas como Raquel Queizás!

E tamén grazas a Transportes García Seco por levarnos e librarnos dunha boa molladura...!











jueves, 23 de septiembre de 2021

O MAGO PACO

 Hoxe , convidad@s pola Biblioteca Municipal da Capela , asistimos a un espectáculo de maxia a cargo do mago Paco . A verdade é que pasamos unha hora moi divertida. Ademais, tamén poidemos descubrir que os nosos compañeiros Sara , de quinto , e Diego García , de sexto , son uns magos de primeira...😏











martes, 22 de junio de 2021

FIN DE CURSO

 Hoxe rematamos o curso 2020-2021 cunha festa por todo o alto e que , coma sempre , contou coa colaboración da nosa ANPA .

Para os nenos e as nenas de sexto xa a é a última festa de fin de curso , pois en setembro inician unha nova etapa no instituto . 

Carla , Adri , Dani , Celtia , Diego , Martina , Luci e Gero :

Fostes un grupo moi especial e nunca vos esqueceremos . Esperamos que vós a nós  tampouco ...  Foi un gusto tervos todos estes anos no cole e desexámosvos toda a sorte do mundo .

Ata sempre!















lunes, 21 de junio de 2021

A mal tempo... boa cara!

 A chuvia non nos impediu pasar unha mañá moi divertida con todos os compañeiros e compañeiras do cole . Primeiro , convidados pola Biblioteca Municipal , asistimos na Casa da Cultura a unha sesión de contacontos a cargo da nosa amiga Fátima Fernández ,xenial coma sempre! 

Agradecémoslle á empresa García Seco que nos levara e recollera á saída , xa que senón a molleira podía ser boa...

Posteriormente , xa no cole , recibimos a visita da Agrupación "Airiños da Capela" , que nos deleitaron co seu bo facer . Tamén felicitamos aos nosos compañeiros Antón de primeiro e Xan e Adrián de cuarto pola súa brillante actuación . 













viernes, 18 de junio de 2021

Animacións de Santillana

 A editorial Santillana quixo agasallarnos neste final de curso cunhas actividades de animación á lectura inspiradas nos libros que estivemos a ler nas últimas semanas. Foi moi divertido!














viernes, 7 de mayo de 2021

Letras Galegas : Xela Arias

 Achégase a data na que , coma cada ano , celebraremos o Día das Letras Galegas .Este ano está adicado a Xela Arias e os nenos e nenas de quinto de primaria do Colexio San Pío X , de Ourense , fixeron un vídeo sobre esta autora . Queren compartilo con todos vós . Premede na ligazón :

Xela Arias

miércoles, 5 de mayo de 2021

Ti si que es un bo peixe !

 Hoxe tivemos outro obradoiro moi interesante sobre o mundo dos peixes e os mariscos . Ensináronnos a grande variedade de especies que temos en Galicia e todo o que nos poden aportar na nosa dieta .