jueves, 30 de marzo de 2023

Excursión a Ferrol

 Levábamos tempo agardando por esta saída e a verdade é que non decepcionou a ninguén . Primeiro visitamos o Porto Interior , un lugar ao que non é fácil acceder . Alí , dous axentes da Autoridade Portuaria ensináronnos todas as instalacións e cal é o seu traballo . Teñen que controlar todo o que se fai no Porto . Tamén visitamos a lonxa , onde o biólogo Félix nos falou de como se recolle e comercializa todo o marisco tan rico que produce a ría.

Pero o momento que máis nos tardaba era a viaxe en barco . Primeiro merendamos para coller forzas e despois embarcamos , decididos e decididas a surcar as augas da costa ferrolá . A verdade é que a puidemos ver en todo o seu esplendor e sempre coas acertadas explicacións do persoal do barco .

En fin , foi unha xornada inesquecible para todos e todas! 😍😍


























viernes, 24 de marzo de 2023

Obradoiro de robótica

 Hoxe os nos@s amig@s da Escola Mutidisciplinar  Gazapo , de Narón , impartíronnos un obradoiro de robótica moi divertido . Construimos uns coches chulísimos e pasámolo moi ben . Grazas e ata a próxima! 😏😏










martes, 28 de febrero de 2023

Xestión de emocións

 Rematamos febreiro coa segunda visita da psicóloga e especialista en mediación Jeniffer Herbón . Nesta ocasión falounos de como xestionar mellor as nosas emocións . Aprendemos e desfrutamos moito con ela ! Grazas Jeni !







martes, 14 de febrero de 2023

Xestión Positiva da Convivencia

 A psicóloga e especialista en mediación Jeniffer Herbón falounos hoxe de como xestionar mellor a nosa convivencia e os conflitos que poden xurdir . Deunos uns consellos moi valiosos e que tentaremos levar á práctica .






viernes, 3 de febrero de 2023

Colocamos os composteiros


Da man de Ángel , de Euroeume , hoxe montamos dous composteiros no cole . Este é o primeiro paso para botar a andar o noso futuro horto escolar . Agora temos que  gardar os residuos orgánicos que producimos e ir  "alimentando" os composteiros día a día .









viernes, 20 de enero de 2023

Compostaxe

 Hoxe , da man de Angel , da Asociación Euroeume das Pontes , aprendemos moitas cousas sobre a compostaxe , xa que proximamente imos poñer  un composteiro no cole . Deixounos encargado buscar o lugar máis axeitado para colocalo e a próxima semana decidirémolo entre todos e todas .





viernes, 13 de enero de 2023

Programa " Naturézate "

 Enmarcada dentro das actividades do noso proxecto "Coñece a túa contorna" , hoxe recibimos a visita do noso novo amigo Fran , educador ambiental do programa "Naturézate" , da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta .

Primeiro tivemos unha charla moi interesante sobre as árbores , os animais , as paisaxes ... da nosa contorna e a importancia de coidalos e conservalos .

Despois amosamos as nosas dotes de artistas decorando con follas estampadas as bolsas de tea que Fran nos regalou . Foi moi divertido e quedaron súper chulis!!