martes, 16 de mayo de 2023

Trémola Teatro

Grazas a Lucía , da compañía Trémola Teatro , fixemos unha viaxe divertidísima pola vida e a obra de Francisco Fernández del Riego . Bailamos , cantamos , rimos e desfrutamos moito con esta actividade . Tamén descubrimos cousas que non sabiamos de don Paco...
Feliz Día das Letras Galegas!







lunes, 15 de mayo de 2023

Sole Felloza na Casa da Cultura

 Hoxe asistimos na Casa da Cultura a unha sesión de contacontos a cargo de Soledad Felloza . Contounos  á súa maneira tan divertida a historia de Francisco Fernández del Riego , o persoeiro ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas . Sole é unha aposta segura e nunca defrauda! Por riba , mesmo nos convidou a rosquiñas!

Grazas Maribel por traernos unha vez máis actuacións tan fermosas!

👏👏👏





viernes, 21 de abril de 2023

Día do Libro con Ana Meilán

 Este venres visitounos a escritora Ana Meilán para celebrar con nós o Día do Libro . Contounos a historia da obra  que estivemos traballando , " O que a serea esqueceu " , e tamén tivemos tempo para falar e escribir sobre os nosos recordos e as cousas que desexamos para o noso futuro . Grazas Ana por compartir as túas historias con nós , e tamén por asinarnos os libros ...

👋👋👋









viernes, 14 de abril de 2023

Emociona-T

 Da man da nosa nova amiga Ana Loredo hoxe estivemos falando das  emocións e do importante que é coñecelas . E non soamente as nosas , senón tamén as dos demais , para mellorar as relacións interpersoais , que son a base dunha boa convivencia . Grazas Ana!  💓💓








jueves, 30 de marzo de 2023

Excursión a Ferrol

 Levábamos tempo agardando por esta saída e a verdade é que non decepcionou a ninguén . Primeiro visitamos o Porto Interior , un lugar ao que non é fácil acceder . Alí , dous axentes da Autoridade Portuaria ensináronnos todas as instalacións e cal é o seu traballo . Teñen que controlar todo o que se fai no Porto . Tamén visitamos a lonxa , onde o biólogo Félix nos falou de como se recolle e comercializa todo o marisco tan rico que produce a ría.

Pero o momento que máis nos tardaba era a viaxe en barco . Primeiro merendamos para coller forzas e despois embarcamos , decididos e decididas a surcar as augas da costa ferrolá . A verdade é que a puidemos ver en todo o seu esplendor e sempre coas acertadas explicacións do persoal do barco .

En fin , foi unha xornada inesquecible para todos e todas! 😍😍


























viernes, 24 de marzo de 2023

Obradoiro de robótica

 Hoxe os nos@s amig@s da Escola Mutidisciplinar  Gazapo , de Narón , impartíronnos un obradoiro de robótica moi divertido . Construimos uns coches chulísimos e pasámolo moi ben . Grazas e ata a próxima! 😏😏










martes, 28 de febrero de 2023

Xestión de emocións

 Rematamos febreiro coa segunda visita da psicóloga e especialista en mediación Jeniffer Herbón . Nesta ocasión falounos de como xestionar mellor as nosas emocións . Aprendemos e desfrutamos moito con ela ! Grazas Jeni !