Coma cada ano , o 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero . Nesta ocasión , ademais de facer outras actividades , tamén recibimos a visita de catro amigas da asociación " Cabanas Rural " . Ensináronnos a facer unhas flores moi bonitas con follas de millo . E nós tamén axudamos aos pequerrechos de infantil , primeiro e segundo . A verdade é que quedaron chulísimas !
viernes, 25 de noviembre de 2022
martes, 15 de noviembre de 2022
DIARIO DE FERROL E MUSEO DO HUMOR
Este martes visitamos a redacción do xornal Diario de Ferrol , na rúa Dolores desa cidade . Alí , o director e as demais xornalistas explicáronnos como se escribe o xornal e mesmo nos fixeron protagonistas dunha portada!
Despois de merendar , achegámonos ao Museo do Humor de Fene , onde Almudena nos ensinou e explicou todas as exposicións que teñen . Estivo moi divertido e agardamos volver axiña!
viernes, 11 de noviembre de 2022
" Polo San Martiño , peóns ao camiño! "
Coma cada 11 de novembro celebramos o Día do Peón na escola . Os nenos e nenas de terceiro ciclo tivemos , coma sempre , moito protagonismo . Encargámonos da presentación , a lectura do Manifesto e tamén amosamos as nosas habilidades cun peón nas mans . Foi unha xornada moi divertida!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)