viernes, 29 de abril de 2022

PROXECTO RÍOS

 Este venres , dentro das actividades do Proxecto Ríos que estamos levando a cabo no cole , tocounos facer unha saída ao río Sesín . Coa axuda do noso novo amigo Ramsés , membro de ADEGA ( Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ) , os rapaces e rapazas de terceiro , cuarto , quinto e sexto estivemos buscando e observando pequenos invertebrados e mesmo algún vertebrado que viven no río Sesín .

 Atopamos unha grande variedade e a verdade é que resulta bastante emocionante decatarse da existencia de tanta vida animal e vexetal nun espazo tan pequeno .

Por iso debemos facer todo o que estea nas nosas mans para protexer esta biodiversidade que tan importante é para nós e que temos tan preto das nosas casas .









martes, 26 de abril de 2022

Soledad Felloza

 Para finalizar as actividades do Día do Libro asistimos na Casa da Cultura a unha sesión de contacontos.Neste caso tratábase dunha vella coñecida , Soledad Felloza,que nos presentou o seu espectáculo " Acender a noite ".Coma sempre , estivo xenial!  As máis grandes nunca fallan!

Grazas a Sole e tamén a Maribel por traela unha vez máis á Capela!

😃😃










viernes, 22 de abril de 2022

Día do Libro con Charo Pita

 Para conmemorar o Día do Libro ( 23 de abril ) , recibimos a visita de Charo Pita , a autora do libro que estivemos traballando as últimas semanas : Oxalá estiveses aquí!

Sóubonos a pouco o tempo que pasamos con ela , pero puidemos contarlle o que nos pareceron as aventuras de Lebre e os seus amigos . Ela tamén nos contou moitas cousas e mesmo nos cantou tan ben que quedamos bastante impresionad@s...

Ata a próxima , Charo!











jueves, 7 de abril de 2022

Proxecto Canvivindo

 Este xoves recibimos a visita de dous amigos de CA.SA.GA ( Asociación de Cans de Salvamento de Galicia ) . Primeiro faláronnos dos coidados que debemos ter cos nosos cans , como temos que  educalos e asumir a responsabilidade que iso implica.

Despois , no pavillón , tres dos seus cans ( incluída unha campioa do mundo ) fixeron varias demostracións de como traballan buscando persoas desaparecidas . A súa labor é fundamental en situacións de emerxencia : accidentes , derrubamentos , desastres naturais...

Foi unha lección moi interesante e divertida!

👏👏👏