miércoles, 21 de junio de 2023

Fin de curso e despedida de sexto

 Por fin chegou o último día de cole deste curso . A verdade é que xa merecemos unhas boas vacacións...

Para despedirnos ata setembro tivemos primeiro a impresionante actuación do Mago Dani , que nos deixou coa boca aberta cos seus trucos !

Despois recibimos a visita de Xosé Manuel Ribeira , construtor de xoguetes de As Pontes , onde ten o seu  Museo Obradoiro " O Comezo das Cousas " . Ensinounos algunhas das súas creacións e axudounos a facer o noso propio xoguete cunha simple culler de madeira . Grazas e ata a próxima !

As sorpresas non remataron aí , pois cando estabamos comendo recibimos a visita sorpresa dos rapaces e rapazas de sexto do ano pasado .  E é que coma cada ano por estas datas toca despedir aos nenos e nenas de sexto , que deixan o cole para emprender unha nova etapa no instituto .

Sergio , Sara , Aaron , Icía , Adrián , Carla , Simón , Xan e Zeus :  Desexámosvos moita sorte , que sexades moi felices  e esperamos que veñades a visitarnos e non nos esquezades , porque nós a vós dende logo que non !

💓💓💓

















martes, 20 de junio de 2023

Educación viaria no cole da Capela

 Axentes da policía local de Narón desprazáronse ata o noso cole para impartirnos unha xornada de educación viaria . Formación e diversión a partes iguais . Teremos en conta os vosos consellos , grazas !!!

👮👮👮












lunes, 19 de junio de 2023

" Circando " na Capela!

 Grazas á Concellaría de Cultura da Capela por achegarnos ata o cole o espectáculo " Circando " . Unha mistura de humor , maxia , malabares e tamén moito espírito de superación .

👏👏👏











viernes, 16 de junio de 2023

Excursión de fin de curso

 Este ano a saída de fin de curso foi a Eumenatura , en Monfero . Alí Javier e as súas axudantes tíñannos preparadas moitas sorpresas e diversión . Pasámolo pipa!

Grazas e ata a próxima!

😀😀😀














viernes, 9 de junio de 2023

Caxoto na Casa da Cultura

 Este venres fixemos a penúltima saída á Casa da Cultura deste curso que está a piques de rematar . Nesta ocasión, Maribel agasallounos coa actuación dun vello coñecido, o singular Caxoto . Deunos unha  " receita " de cociña , contounos  divertidas historias e mesmo grabamos unha canción!

En fin , unha hora repleta de diversión para tod@s !





jueves, 8 de junio de 2023

Vídeo da Capela

Tras un duro traballo durante gran parte do curso (reparto de funcións, elaboración do guión, grabacións, montaxe...) finalmente podemos presentarvos o noso vídeo promocional do concello da Capela, feito con todo o noso agarimo.

Agardamos que vos guste!😁




lunes, 5 de junio de 2023

Día do Medio Ambiente

 O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente . Para conmemorar esta data , o alumnado de 3º , 4º , 5º e 6º de primaria fixemos , coa axuda de Ángel e Nerea , da asociación  EuroEume , un roteiro polo río Sesín . Comprobamos o bo estado das súas augas e analizamos toda a fauna e flora que posúe . Foi outro día para decatarnos da sorte que temos de vivir nun lugar con tanta riqueza natural e paisaxística . Temos que facer todo o que poidamos para conservar estes tesouros tan valiosos!

💚💚