viernes, 14 de febrero de 2025

HORTO ESCOLAR 4 (14-02-2025)

Menudo día dos namorados hoxe co horto escolar e o composteiro!! 💘💘💘💘💘💘💘💘

Moi romántico non foi!!

O único, que Ángel falounos da reproducción sexual e asexual das plantas e que tivera algo que ver por ese lado pero polo demais...

Centrouse sobre todo na asexual e aprendimos sobre enxertos (tipos, como se fan e cantas variedades hai...), acodos, estolóns...

E mirade que nos pasou: Ángel propúxonos 20 min de explicación e logo baixar e mirar o composteiro, transplantar cenorias que tiñamos, quitar as malas herbas e facer semilleiros de primavera. Un día radiante cando chegou. 

Enrollouse e enrollámonos coma persianas e cando baixamos... (case 1 hora despois) ata nos choveu!!

O que si tivo que intervir foi no composteiro porque non o coidamos moi alá e enchéusenos de vermes da mosca. Tivemos que cubrir ben co que estabamos traballando, deixalo e comezar co outro.

A ver se o damos salvado!!

Iso, un día dos namorados un tanto raro.

























sábado, 8 de febrero de 2025

HORTO ESCOLAR 3 (31-01-2025)

 Unha nova visita de Ángel!!

Como facía moitísimo frío optou por explicarnos 1º en clase diferenzas e vantaxes e desvantaxes da "Agricultura Industrial" e a "Agricultura Agroecolóxica".

Fervíanos o cu por ir para fóra pero a verdade é que foi unha charla moi interesante na que aprendimos, por exemplo, por que hai diferenzas de prezos nos mesmos produtos, quen ou quenes se lucran e enriquecen realmente co traballo e comercio dos produtos agrícolas e como un tipo de agricultura contamina e estropea o solo mentres que outro é moito máis ecolóxico e sostible.

Produto de cercanía sempre mellor.

O dito, moi interesante.

Iso si, en canto puidemos, baixamos coma tolos.

Revisamos o composteiro e os bancais, remeximos o compós (menudo cheiro!!), apilamos ramas e follas para continuar... non nos faltou traballo!

En 15 días a ver se comezamos cos semilleiros dos produtos de primavera...

Ai, estivémosche ben entretidos!!

 

















DÍA DA PAZ

Non saímos dunha e xa estamos noutra...

Acabamos de chegar do Nadal e xa nos ven o Día da Paz e da Non Violencia...

Pero si preparamos un "baileciño" marchoso e por riba uns xogos cooperativos cuxo obxectivo é aprender a colaborar entre nós para acadar os nosos obxectivos, pero pasándoo pipa...

Que máis podemos pedir?

Risas aseguradas.

 

 BAILE:






















XOGOS COOPERATIVOS: