jueves, 26 de abril de 2018

APRENDEMOS SOBRE A VELUTINA...

Hoxe a Casa do Mel de Goente trasladouse ao noso centro para ensinarnos como loitar contra a praga das Vespas Velutinas, que están a acabar coas nosas abellas. Unha charla moi interesante na que aprenderonnos a facer trampas, como facer o líquido atrainte caseiro ou o tempo de poñer e recoller a trampas!!!










sábado, 21 de abril de 2018

23 de abril - DÍA DO LIBRO


http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XoaBabar1&alias=&solapa=biografia 

Hoxe 23 de abril co gallo do DÍA DO LIBRO visítanos Xoán Babarro. Nesta ocasión estivemos a traballar co seu libro " O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS" que, por certo, encantounos. 

Aquí vos quedan algunhas fotos do noso encontro con Xoan. Graciñas, pasámolo moi ben.

 

jueves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO



E ASÍ DE BEN QUEDOU O NOSO PARTICULAR HOMENAXE ÁS MULLERES O 8  DE MARZO. 
AS MULLERES TAMÉN PODEN!!!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Manuel gañou o concurso de slogans contra a violencia de xénero que se celebrou no noso cole coa súa frase... e con ela todos lucimos o noso bracelete.



ESTUDAMOS OS PEIXES


 Que mellor xeiro de aprender.... que facendo a disección dun xurelo!!!




REPASAMOS AS POTENCIAS E AS RAÍCES

https://luisamariaarias.wordpress.com/matematicas/tema-2-potencias-y-raiz-cuadrada/
AQUI VOS DEIXAMOS UN ENLACE PARA PRACTICAR POTENCIAS E RAÍCES.

viernes, 10 de noviembre de 2017

DIA DO PEÓN 2017

Hoxe 10 de novembro celebramos, por adiantado, o Día do Peón 2017. Como sempre lerase o manifesto, esta vez, a cargo de Xabi o noso ex-mestre de EF. Despois toca bailar e tirar a bailar os nosos novos peóns. Aquí queda unha mostra do que fixeron esta semana os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Tamén houbo outra sorpresa... hoxe de almorzo co leite unhas galletas coa forma dun peón.


.


lunes, 6 de noviembre de 2017

SAMAÍN





Chegou o Samaín e as súas aterradoras cabazas... ou non tan aterradoras; algunhas estaban ben simpáticas.





MAGOSTO

O mellor xeito de celebrar o Magosto é saír ao Souto de Gunxel a facer xogos tradicionais, comer de campo e papar unhas ricas castañas. Todo isto acompañado dunha camiñata cos compañeiros!!


A CÉLULA VEXETAL

Que mellor maneira de aprender as partes da célula que facer unha!!!


24 de outubro - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo do "Día das bibliotecas escolares" o concello obsequiounos cun contacontos na biblioteca municipal. Un ano máis alí estaba Fátima Fernández para contarnos uns contos marabillosos.




AS PLANTAS BUSCAN A LUZ DO SOL

Con estoutro experimento desmostramos que as plantas buscan a luz do sol para poder sobrevivir, e incluso modifican o seu crecemento para aproveitar cada raíño.
Nestas caixas colocamos unhas plantas ás que só lle deixamos un pequeno furado na parte de arriba e algún que outro obstáculo. Aquí está o resultado!!!







AS PLANTAS

Experimentamos coas plantas.
Temos o noso particular invernadoiro onde estamos a observar como se desenvolven as plantas. Aquí vemos a nosa plantación de fabas e algunha especies que estamos a coidar na clase.


domingo, 25 de junio de 2017

COCIEXPERIMENTOS...

http://www.weeblebooks.com/es/cocina-a-conciencia/Chicos, tal e como quedaramos o último día de cole, déixovos o enlace para practicar cos experimento que limos na clase.

Un bico para todos e

FELIZ VERÁN....!!!!




EXPERIMENTADO...





sábado, 20 de mayo de 2017