viernes, 15 de enero de 2021

Empezando ca robótica!

 Este ano no cole estamos desenvolvendo un proxecto de robótica educativa . Hoxe os rapaces e as rapazas de  quinto e sexto  montamos os robots Mbot e probámolos . Todos funcionaban xenial!!! 

Agradecemos a colaboración da nosa orientadora Alba e da profe de inglés Sandra .
















miércoles, 23 de diciembre de 2020

Visita dos Reis Magos

A pesar das dificultades que estamos a atravesar este ano , os Reis Magos non quixeron deixar de visitarnos , como fan sempre por estas datas .



 

martes, 1 de diciembre de 2020

viernes, 30 de octubre de 2020

Samaín e Magosto

Deixamos aquí unhas fotos  da celebración no cole do Samaín e Magosto 2020 .














lunes, 26 de octubre de 2020

Mochilas viaxeiras

 Hoxe , na hora de ler , recibimos a visita do noso ratiño Cusco . Viña acompañado da nosa  profe de inglés , Sandra , e traíanos un agasallo moi especial : a mochila viaxeira , chea de libros e outros materiais cos que pasaremos moitas horas de diversión nas vindeiras semanas .

Grazas , Cusco !




jueves, 22 de octubre de 2020

" ESTRAFALARIA "

 Hoxe , xoves 22 de outubro , os rapaces e rapazas de terceiro , cuarto , quinto e sexto de primaria  asistimos ao espectáculo " Estrafalaria " ,  a cargo de Atenea García . Foi unha actividade organizada pola Biblioteca da Capela .

Pasámolo moi ben , pois escoitamos historias divertidas e Atenea tamén nos falou de mulleres tan interesantes coma Rosalía de Castro , Gloria Fuertes , Frida Kahlo ou Violeta Parra .












jueves, 24 de septiembre de 2020

CONTOS PARA PASALO DE MEDO

 Hoxe os nenos e nenas de 4º , 5º e 6º acudimos á Casa da Cultura , convidad@s pola Biblioteca da Capela , para asistir ao  espectáculo " Contos para pasalo de medo " , a cargo de Carmen Domech .

Foi unha hora de diversión e... tampouco tivemos tanto medo , xa que somos moi valentes !




















jueves, 4 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

O vindeiro 5 de xuño celébrase o Día Mundial  do Medio Ambiente .
Dende o museo da Capela anímannos a participar . Botádelle un ollo ao vídeo :


lunes, 25 de mayo de 2020

lunes, 11 de mayo de 2020

Mantente en forma !

Aquí tedes un vídeo para traballar habilidades físicas que nos axudan a manternos en boa forma sen necesidade de desprazarnos a ningún sitio .

https://www.youtube.com/watch?v=AkAZ6eUKvCY&t=232s

martes, 28 de abril de 2020

Ponte en forma na casa!

Aínda que sexa nas nosas casas non debemos deixar de facer actividade física para seguir manténdonos en boa forma . O profe Iván déixanos una ligazón para traballar as pernas e o equilibrio.

https://www.youtube.com/watch?v=SE9nsvbstwE


viernes, 17 de abril de 2020

Zumba

O profe Iván déixavos un enlace para practicar zumba e mover o esqueleto , aínda que sexa na casa , esta fin de semana .
a zumbar!