viernes, 15 de enero de 2021

Empezando ca robótica!

 Este ano no cole estamos desenvolvendo un proxecto de robótica educativa . Hoxe os rapaces e as rapazas de  quinto e sexto  montamos os robots Mbot e probámolos . Todos funcionaban xenial!!! 

Agradecemos a colaboración da nosa orientadora Alba e da profe de inglés Sandra .
















miércoles, 23 de diciembre de 2020

Visita dos Reis Magos

A pesar das dificultades que estamos a atravesar este ano , os Reis Magos non quixeron deixar de visitarnos , como fan sempre por estas datas .



 

martes, 1 de diciembre de 2020

viernes, 30 de octubre de 2020

Samaín e Magosto

Deixamos aquí unhas fotos  da celebración no cole do Samaín e Magosto 2020 .














lunes, 26 de octubre de 2020

Mochilas viaxeiras

 Hoxe , na hora de ler , recibimos a visita do noso ratiño Cusco . Viña acompañado da nosa  profe de inglés , Sandra , e traíanos un agasallo moi especial : a mochila viaxeira , chea de libros e outros materiais cos que pasaremos moitas horas de diversión nas vindeiras semanas .

Grazas , Cusco !




jueves, 22 de octubre de 2020

" ESTRAFALARIA "

 Hoxe , xoves 22 de outubro , os rapaces e rapazas de terceiro , cuarto , quinto e sexto de primaria  asistimos ao espectáculo " Estrafalaria " ,  a cargo de Atenea García . Foi unha actividade organizada pola Biblioteca da Capela .

Pasámolo moi ben , pois escoitamos historias divertidas e Atenea tamén nos falou de mulleres tan interesantes coma Rosalía de Castro , Gloria Fuertes , Frida Kahlo ou Violeta Parra .












jueves, 24 de septiembre de 2020

CONTOS PARA PASALO DE MEDO

 Hoxe os nenos e nenas de 4º , 5º e 6º acudimos á Casa da Cultura , convidad@s pola Biblioteca da Capela , para asistir ao  espectáculo " Contos para pasalo de medo " , a cargo de Carmen Domech .

Foi unha hora de diversión e... tampouco tivemos tanto medo , xa que somos moi valentes !




















jueves, 4 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

O vindeiro 5 de xuño celébrase o Día Mundial  do Medio Ambiente .
Dende o museo da Capela anímannos a participar . Botádelle un ollo ao vídeo :