Deixamos aquí os enlaces aos blogues de Orientación , Pedagoxía Terapéutica , Audición e Linguaxe , Inglés e Relixión do noso centro .
Neles atoparedes consellos , xogos e actividades para estes días de confinamento . Non deixedes de botarlles un ollo!
Orientación
PT
AL
Inglés
Relixión
viernes, 27 de marzo de 2020
viernes, 20 de marzo de 2020
Abalar móbil
Deixamos aquí unha guía para aqueles pais e nais que aínda non empregades Abalar móbil e animámosvos a que o fagades , pois será unha ferramenta moi útil para seguir en contacto co profesorado , sobre todo neste tempo de ensinanza non presencial por causas de forza maior .
martes, 10 de marzo de 2020
8 de marzo , Día da Muller
Este ano , para conmemorar o 8 de marzo , homenaxeamos a mulleres galegas gañadoras dos Premios Goya .
En quinto e sexto as elixidas foron Emma Lustres e Isabel Antelo .
viernes, 28 de febrero de 2020
Día de Rosalía
Cada ano , o 24 de febreiro , celébrase o Día de Rosalía . Como nesa data estabamos de vacacións de Entroido , foi no día de hoxe cando homenaxeamos á nosa escritora máis importante . O alumnado de terceiro ciclo leu o Manifesto deste ano e colaborou no recitado colectivo dun dos poemas máis importantes de Rosalía .
miércoles, 26 de febrero de 2020
lunes, 17 de febrero de 2020
Visita Casa das Ciencias e Domus
Hoxe fixemos una saída á Coruña para visitar a Casa das Ciencias e a Domus . Foi una mañá intensa , na que non paramos de divertirnos e aprender cousas moi interesantes . Esperamos volver !
viernes, 31 de enero de 2020
Día da Paz
O 30 de xaneiro celebramos, coma todos os anos, O Día da Paz.
Compartimos cancións, xogos e outras sorpresas con todos os compañeiros e
compañeiras do cole.
compañeiras do cole.
Foi unha xornada inesquecible!
viernes, 10 de enero de 2020
miércoles, 25 de diciembre de 2019
martes, 17 de diciembre de 2019
Plan Director da Garda Civil
Hoxe tivemos no colexio unha charla moi interesante sobre o uso das redes sociais e internet.
A axente da Garda Civil Sara Rodríguez deunos uns bos consellos para usar as redes sociais, os videoxogos, etc. con responsabilidade, evitando os perigos que pode haber e aproveitando todo o positivo que nos poden aportar.
jueves, 28 de noviembre de 2019
Saída Afundación Abanca Ferrol
O martes 26 de novembro visitamos a Afundación Abanca, en Ferrol, para participar nas actividades da mostra: Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia.
lunes, 25 de noviembre de 2019
martes, 29 de octubre de 2019
jueves, 24 de octubre de 2019
lunes, 8 de julio de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























